miércoles, 17 de septiembre de 2014

CURSO 2014-2015

Dende a ANPA queremos darvos a benvida ó novo curso, e achegarvos a programación das propostas que temos para este curso 2014-2015.



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NO COLE

INFANTIL
1.- INGLES PLAY-LAND: Actividade de inglés divertida e interactiva. Toma como eixe os xogos e as cancións.

            Luns de 15:30h a 16:30h
            Empresa: Mundoclases
            Custo:11€/mes

2.- MULTIACTIVIDADE: Consiste nun rotativo mensual de actividades: plastic-dibu, predeporte, música e movemento, xogos populares,…

            Martes de 15:30h a 16:30h
            Empresa: Mundoclases
            Custo:11€/mes

3.- FÚTBOL.

            Mércores de 15:30h a 16:30h
            Monitor: Adolfo
            Custo:10€/mes


4.- BAILE MODERNO:

            Venres de 15:30h a 16:30h
            Empresa: GEGAPSE
            Custo:10€/mes



PRIMARIA
1.- CONVERSACIÓN EN INGLÉS: Cada mes escollerase unha temática e falarase en inglés sobre ela, vídeos, audios...

            Xoves de 15:30h a 16:30h
            Empresa: Mundoclases
            Custo:11€/mes

2.- FÚTBOL:

            Venres de 15:30h a 16:30h
            Monitor: Adolfo
            Custo:10€/mes

3.- BAILE MODERNO:

            Venres de 15:30h a 16:30h
            Empresa: GEGAPSE
            Custo:10€/mes


INSCRICIÓNS: a través do correo electrónico indicando a actividade, o nome e o curso do neno/a  anpaoruxidoiro@gmail.com




ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FORA DO COLE


XIMNASIO GOLFIÑOS
-  Iniciación e perfeccionamento de natación. 1 día/semana 1hora: 29€; 2 días: 35€
-  Kung-Fu (dende os 5 anos): martes e xoves. Custo: 30€
-  Zumba (dende os 5 anos): venres. Custo:22€
-  Yoga: luns e mercores. Custo: 30€
* 2 actividades 2 dias cada unha 45€


SERVIOCIO EIROAS/PADEL OIRA
-  Natación e actividades dirixidas en sala (ballet, teatro, taekwondo, aerobic infantil, hip hop, ximnasia rítmica, , boxeo infantil,..): 1 sesión (45’)/semana. Nen@s 4 a 14 anos. Horario: de luns a venres ata as 17:15h. É necesario formar un grupo mínimo de 10 nen@s.
Custo: 45,6€/trimestre; 2º irmán 10% de desconto.
-  Pádel: 1 sesión (60’)/semana. Nen@s 4 a 8 anos. Horario: de luns a venres ata as 18:00h. Grupo 4 a 6 anos; mínimo 5 máximo 8. Grupo 6 a 8 anos: mínimo 5 máximo 6. Custo: 60€/trimestre; 2º irmán 15% de desconto.
-  Promoción especial pais/nais: por ser membros da ANPA entre o 15 de setembro e o 10 de outubro de 2014: matrícula gratis; setembro gratis;      3 meses de abono familiar pagando un abono individual de 35,95€/mes (outubro, novembro e dezembro).





AVISO IMPORTANTE

Para poder participar nas actividades extraescolares é preciso ser socio da ANPA. 
Cota de socio/a 12€ POR FAMILIA
Ingreso no Banco Pastor: ES64 0072 0350 87 0000101167, indicando o nome/s do neno/a e o curso.

·       
Despois de realizar o ingreso na conta, para facilitarnos o traballo, pedímosvos que  enviedes un correo a dirección anpaoruxidoiro@gmail.com, indicando o nome dos pais, e o nome e curso do/a/s neno/a/s que realizan o ingreso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario