viernes, 12 de junio de 2015

RECOLLIDA DE FIRMAS PARA SOLICITAR COCIÑEIRO PARA O COMEDOR


Na asemblea extraordinaria da ANPA que tivo lugar o pasado 19 de maio chegamos ó acordo de facer unha recollida de firmas para solicitar cociñeiro para o comedor do centro.
As follas de recollida de firmas atópanse ó lado da conserxería na entrada do colexio.
FESTA FIN DE CURSO

Este Xoves 18 de 17 horas a 20 horas no patio do colexio
Habera inchables, xogos, música... e merenda (par nenos e nenas)

Socios/as gratis 
Non socios 3 Euros neno/a (O pago farase o día da festa ó entrar no recinto)


jueves, 11 de junio de 2015


Concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao 
alumnado de centros escolares para o curso escolar 2015/16


Ven de publicarse no DOG por parte da Consellería de Medio Rural e Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, as bases para a concesión de axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros escolares para o curso escolar 2015/16.

Axuntámosvos o enlace para que accedades.

                           Axudas para a distribución de froitas frescas
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Veñen de publicarse no Diario Oficial de Galicia as axudas para a adquisición de libros cara ao curso 2015/16 e o fondo solidario de libros de texto.

Adxuntamos os documentos de ambas axudas, esperando que sexan do voso interés. Estamos a vosa enteira disposición para todo o que precisedes.



Moitísimas grazas pola vosa atención.